Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Senda da Pedra Santa / Senda de la Pedra Santa

Descripción: 

A senda da Pedra Santa, cunha lonxitude de 9.995 metros, forma parte da rede de sendeiros cos que conta o concello de Tui debidamente sinalizados e identificados. Dispón de carteis explicativos do percorrido e sinalización en branco e verde, por tratarse dunha senda local de menos de 10 quilómetros de acordo as marcas federativas. 

Trátase dunha senda circular que ten o seu principal acceso xunto á ponte sobre o río Louro na Veiga, en pleno Camiño de Santiago. Parte do seu traxecto coincide co do propio Camiño Portugués, pasando por lugares coma a capela da Virxe do Camiño ou a Ponte das Febres. Pero tamén transcorre polo pontillón do Louro e o Lagartón.

La Senda de la Piedra Santa, con una longitud de 9.995 metros, forma parte de la red de senderos con los que cuenta el municipio de Tui, debidamente señalizados e identificados. Dispone de carteles  explicativos del recorrido, señalización en blanco y verde, por tratarse de una senda local de menos de 10 kilómetros, según las marcas federativas.

Se trata de una senda circular que tiene su principal acceso junto al puente sobre el río Louro en la Veiga, en pleno Camino de Santiago. Parte del trayecto coincide con el del propio Camino Portugués, pasando por lugares como la capilla de la Virgen del Camino, o el Ponte das Febres. Pero también transcurre por el pontillón del Louro y el Lagartón.

Senda da Pedra Santa is a hiking path 9,995 metres long which is part of the network of walking trails of Tui, all of them duly identified and marked. It has explanatory notices and direction markers, the latter white and green, as per the Hikers' Federation rules for local trails less than 10 km.  

It is a circular route whose main access is by the mediaeval bridge on the River Louro, at a point crossed by the Way of Saint James. In fact, part of the path overlaps the way to Santiago, through places such as the Chapel of Our Lady of the Way or the Ponte das Febres bridge. It also passes through a little bridge on the Louro and Lagartón rivers, where it intersects with another trail.