Unha visita nocturna polo barrio xudeu na fin de semana é a proposta para o mes de outubro nas visitas guiadas gratuítas
As visitas guiadas gratuítas á cidade de Tui cambian o seu horario durante o mes de outubro e tamén a súa periodicidade. Dende mañá 1 de outubro pasarán a realizarse os venres, sábados e domingos ás 20.15h cun percorrido aproximado dunha hora polo barrio xudeu. Con estas visitas nocturnas búscase ofrecer outra imaxe da cidade apreciando aspectos que as veces pasan desapercibidos á luz do día.