Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Comezaron este luns as obras de restauración do palco de música de Tui

Undefined

Onte luns comezaron as obras de rehabilitación do palco de música de Tui. O palco situado no Cantón de Diomedes, ao pé do paseo da Corredoira foi construído en 1897 e dende hai varios anos deixara de utilizarse polo deterioro que presentaba. Para a realización destas obras foron precisos dous proxectos. Por un lado o de rehabilitación de carpinteiría e canteiría, redactado polo arquitecto Rubén Martín Vázquez, e outro específico para os elementos de forxa, cuxa redacción correu a cargo de  Gonzalo Buceta Brunete.

A música sefardí e a visita aos Sambenitos pechou as Xornadas Europeas da Cultura Xudía en Tui

Undefined

As Xornadas Europeas da Cultura Xudea en Tui  remataron esta fin de semana con dúas actividades.

O sábado pola noite o público puido disfrutar da música sefardí a cargo de Ana Alcaide e Bill Cooley. O tema das xornadas deste ano foron os relatos, e a música sefardí aporta unha gran carga emocional froito da vivencias e o exilio das familias xudeas. De aí a necesidade de expresar nas xornadas deste ano, tamén coa música, unha parte da cultura hebrea, máxime na voz e mans de Ana Alcaide acompañada por Bill Cooley. 

O Festival Arraianos celebra esta fin de semana a súa terceira edición

Undefined

Na mañá de hoxe no salón de sesións da casa do concello de Tui tivo lugar a presentación da terceira edición do festival Arraianos, que se celebrará en Tui dende este venres, 31 de agosto, ata este domingo, 2 de setembro.

A presentación correu a cargo do alcalde Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e a directora do festival, Andrea Costa.

Mañá preséntase o Festival Arraianos

Undefined

Mañá mércores, 29 de agosto, ás 12h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do Festival Arraianos, que se celebrará en Tui do venres 31 de agosto ao domingo 2 de setembro.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría, e a directora do festival, Andrea Costa.

Os petróglifos da Macoca e o Castro do Alto dos Cubos centrarán este venres a segunda visita “Tralas pegadas do Tempo”

Undefined

Este venres celébrase a segunda visita do programa “Tralas pegadas do tempo” organizada pola concellería de Patrimonio e Cultura. Tras o éxito da primeira xornada con corenta participantes, este venres realizarase a Ruta petróglifos da Macoca e Alto dos Cubos.

Dezaseis cunchas de bronce sinalizan o Camiño Portugués dende a Ponte Internacional até a Veiga do Louro

Undefined

Dezaseis sinais de bronce coa forma dunha cuncha marcan o Camiño Portugués de Santiago dende a vella Ponte Internacional até a ponte na Veiga do Louro, ao longo seu percorrido polo centro urbano de Tui.  As cunchas foron cedidas polo S.A. Xacobeo e o Concello de Tui encargouse da tramitación da autorización ante Patrimonio e da súa colocación.

Páginas

Suscribirse a RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico