O I Trofeo de Hip Hop Eurocidade celebrarase en Tui este sábado 1 de xuño
A Eurocidade Tui-Valença será sede do I Trofeo de Hip Hop da Eurocidade, que se celebrará este sábado, 1 de xuño, a partir das 16.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. Está organizado pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, o CSD, a Federación Española de Baile Deportivo e a Federación Española de Hip Hop.
Máis de 250 deportistas competirán neste trofeo en busca dunha das prazas para participar no Campionato do Mundo de Street Dance, que se celebrará no mes de agosto, na localidade británica de Blackpool.