Gustavo Rodríguez e Héctor Catalá competirán na categoría de triatlón PTVI nos Xogos Paralímpicos de Toquio
O triatleta tudense Gustavo Rodríguez, como guía de Héctor Catalá, competirá na madrugada do venres ao sábado nos Xogos Paralímpicos de Toquio. Será en tríatlon para persoas invidentes, unha modalidade na que son actualmente os campións do mundo, e chegan a Tokio 2020 con grandes posibilidades de conseguir unha medalla.
O triatlón PTVI conta de 750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros a de carreira a pé.
A proba terá lugar na madrugada de venres a sábado a partir das 01:30 horas e poderá seguirse a través de streaming.