Música e cinema na primeira semana da programación “Volvemos á rúa”
Con tres eventos esta semana comeza a programación cultural do verán “Volvemos á rúa” en Tui.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Con tres eventos esta semana comeza a programación cultural do verán “Volvemos á rúa” en Tui.
“Volvemos á rúa!” é o lema da programación cultural que este verán se vai desenvolver en Tui. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, foron esta mañá os responsables da presentación desta oferta cultural que se vai desenvolver dende o mércores 15 de xullo.
Mañá venres, 10 de xullo, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación cultural do verán que se vai desenvolver dende o próximo mércores día 15 en Tui.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente.
As rúas do centro urbano tudense contan dende esta fin de semana con fío musical instalado polo Concello de Tui. A música ambiente soa de 10.30 h a 14 h e de 16.30 a 21 h, salvo as fins de semana que comezará ás 11.30 h. Deste xeito quérese apoiar a actividade comercial durante a época estival.
A Biblioteca Municipal de Tui recuperou esta mañá o seu horario de apertura de mañá e tarde e o funcionamento de todos os servizos bibliotecarios.
O seu horario é de luns a venres de 9.30 a 13.30 h e de 16 a 21 h, e os sábados de 9.30 a 13.30 h.
A próxima semana, o martes 7, mércores 8 e xoves 9 de xullo, o novo pavillón deportivo municipal de Tui acollerá aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda, do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, do IES San Paio e do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, para a realización das probas da ABAU.
Mañá martes, 30 de xuño, ás 20.30 horas terá lugar a inauguración da exposición antolóxica de pintura do médico tudense Darío Álvarez Gándara (1936-2015) “Amenceu outra vez”. Trátase dunha selección das súas obras que foi escollida polos seus fillos, herdeiros do seu legado, que comparten agora cos tudenses a faceta creativa do seu pai que nunca tiña divulgado.
O Concello de Tui fixo entrega hoxe aos centros culturais das distintas parroquias de quince máquinas de ozono para que poidan proceder á desinfección das súas instalacións. Entre as medidas que adoptou a corporación municipal dende o inicio do estado de alarma estaba a adquisición deste equipamento. Ao acto de entrega desta mañá asistiron o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e os concelleiros do PP, José Ángel Villaverde e do BNG, José Martínez Tato.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui habilita unha sala de estudo de carácter provisional nas dependencias do Edificio “Francisco Sánchez” (Área Panorámica) que contará con 12 prazas de estudo, coa posibilidade dunha ampliación se fose preciso.
Mañá martes, 9 de xuño, conmemórase o Día Internacional dos Arquivos, unha cita que se celebra en todo o mundo coincidindo coa data de creación do Consello Internacional de Arquivos (ICA) en 1948 baixo os auspicios da UNESCO.