Presentación do nº6 da revista Castellum Tyde
O próximo luns, 24 de agosto, ás 12 h na terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a presentación do número 6 da revista “Castellum Tyde” editada polo Instituto de Estudios Tudense co patrocinio do Concello de Tui.
O acto correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente do Instituto de Estudios Tudense, Xavier Añoveros.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.