Tui acolle a exposición "Inventio Mundi"
Esta tarde tivo lugar a inauguración da mostra “Inventio Mundi” na Sala de Exposicións Municipal de Tui. Está organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e pola Secretaría Xeral de Emigración.
No acto inaugural participaron o tenente alcalde de Tui, José Ramón Magán, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda. Asistiron tamén membros da corporación municipal.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.