Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A música será unha das grandes protagonistas da programación “Tui, o Camiño do Nadal”

Undefined

“Tui, o Camiño do Nadal” volve ser este ano o lema da programación elaborada polo Concello con motivo destas festas, na que a música terá gran protagonismo.

O acendido da iluminación de Nadal e a inauguración do Mercado de Nadal esta tarde marcan o inicio do programa previsto no que de novo o Camiño de Santiago Portugués, do que Tui é a porta de entrada en Galicia, conduce esta oferta de lecer, na que a aposta polo local e pola economía circular volve a estar  moi presente.

“Peúgo, o calcetín melenudo” chega mañá á Biblioteca Municipal

Undefined

Mañá martes, 30 de novembro, ás 17.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá a presentación do libro destinado ao público infantil “Peúgo, o calcetín melenudo” da mestra e escritora Jessica Rodríguez Piñeiro.

É un álbum ilustrado infantil, orientado dende os 5 anos, en galego con temática social. Trata de xeito sutil o tema da violencia de xénero a través da personaxe do calcetín e a súa confidente, a lavadora Ramona. 

O mércores inaugúrase a exposición fotográfica “Chiaroscuro” de Antonio Fortuna

Undefined

O próximo mércores, 1 de decembro, ás 18.30 h inaugurarase no anexo da Sala de Exposicións Municipal a mostra fotográfica “Chiaroscuro” de Antonio Fortuna, de Valença. A exposición poderá visitarse até o 8 de xaneiro no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica.

Alberto Fortes presenta mañá en Tui a novela “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán”

Undefined

Mañá xoves, 25 de novembro, ás 19.30 h a Biblioteca Municipal de Tui acolle a presentación da novela “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán” recentemente editado por Edición Laiovento. A novela é unha obra do escritor pontevedrés Alberto Fortes que ten cultivado obras de aventuras, novela negra ou novela histórica, entre elas “Memorial de a bordo” (2003) ou “Los viajes de Shackleton a la Antártida” (2014). Neste novo título a súa habilidade coa escritura e o seu amplo coñecemento da historia de Galicia no século XIX.

La Canica presenta “Orfeo” este venres no Teatro Municipal

Undefined

Este venres prosegue a programación de Outono no Teatro Municipal de Tui, coa penúltima proposta deste ciclo. Será coa compañía La Canica e a representación de “Orfeo”, un espectáculo polo que recibiron o Premio “Mellor Proposta dun Clásico” en FETEN 2020, a  Feria Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas.

Dámaso Rodríguez Costas protagonista da nova conferencia do Foro do Camiño Portugués

Undefined

O próximo martes, 23 de novembro, ás 19 h na Aula CEMIT do edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, acolle unha nova conferencia do Foro do Camiño Portugués coa intervención de Dámaso Rodríguez Costas, peregrino tudense e autor do libro “Ruta jacobea. Camino y leyenda”.

A Biblioteca Municipal acolle mañá xoves un encontro coas escritoras da Eurocidade Conchi Regueiro e Mª José Areal

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra mañá xoves, 18 de novembro, ás 19.30 h un encontro de dúas escritoras da Eurocidade Tui-Valença,  Conchi Regueiro e María José Areal. No mesmo ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense.

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura