O Concello de Tui non celebrará este ano nin o desfile de Entroido nin o Enterro do Bacallau
O Concello de Tui non organizará este ano nin o tradicional Desfile de Entroido de comparsas e grupos nin o Enterro do Bacallau ao considerar que debido á pandemia, non se dan as condicións axeitadas para as súa celebración.
Antes de tomar esta decisión o Concello de Tui mantivo dúas reunións para coñecer o parecer e as perspectivas para este ano das comparsas que adoitan acudir ao Entroido Tudense. Á primeira delas foron convocadas catro comparsas tudenses e á segunda foron citados os representantes de 22 comparsas que nos últimos anos teñen acudido á cita co Entroido tudense.