Mañá ás 19.15 h asínase o acordo de doazón da biblioteca de cine de Daniel Domínguez ao concello de Tui
Mañá xoves, 27 de abril, ás 19.15 h terá lugar na Biblioteca Municipal de Tui a sinatura do acordo de doazón da biblioteca de cine e doutras coleccións de Daniel Domínguez Pérez, o guionista tudense falecido no ano 2020, ao concello de Tui. O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da viúva de Daniel Domínguez, María de los Ángeles García Domínguez.
Deste xeito a Biblioteca Municipal de Tui pasará a contar cunha sección especial integrada por preto de 2 mil obras especializadas en cine e con máis de 500 filmes en DVD.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.