Ruta Literaria por Tui dentro do programa Tui en Letras
Dentro da programación de ‘Tui en Letras’ este venres terá lugar unha nova ruta literaria pola cidade de Tui na que os participantes percorreran diversos lugares da cidade vinculados a figuras literarias tudenses coma a casa familiar dos Álvarez Blázquez, a residencia vacacional de Camilo José Cela, a antiga igrexa de San Xoán do Porto vinculada co troveiro medieval Golparro, a rúa onde residiu o historiador Francisco Ávila y Lacueva, … Tamén se vistiarán outros enclaves relacionados con Faustino Rey Romero, María Tydeska (María Gloria Pereira).





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.