ilMaquinario Teatro chega este sábado a Tui co espectáculo “Resaca”
A programación do Outono no Teatro continúa este sábado ás 20.30h con “Resaca”, da compañía ourensá ilMaquinario. Trátase do terceiro traballo dende que comezaron a súa andadura no ano 2012 e o máis persoal. Despois de dous espectáculos creados a partir de obras de autores estranxeiros, apostan pola creación colectiva e o teatro documental para reflexionar sobre a perda dun ser querido nun espectáculo que une danza, poesía e música en directo.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.