O Teatro Municipal de Tui cumpre 15 anos con 321 mil usuarios
Hoxe cúmprense 15 anos da primeira representación no Teatro Municipal de Tui. Foi o 11 de abril de 2003 con “Fausto” da man de Teatro de Ningures. Dende entón teñen pasado polo teatro máis de 321 mil usuarios nestes quince anos de actividade. A posta en marcha destas instalacións mudou de xeito considerable a oferta cultural no municipio.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.