Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Unha visita guiada á igrexa de San Telmo pecha o ciclo “Coñece o noso patrimonio”

Undefined

O próximo martes, 19 de agosto, finaliza o ciclo de visitas guiadas que ven organizando o Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui, ao longo dos meses de xullo e agosto baixo o titulo de “Coñece o noso patrimonio”. Será coa visita á igrexa tudense de San Telmo, un dos referentes do conxunto histórico tudense tanto polo seu valor monumental como pola súa dimensión inmaterial vinculada ao culto e devoción a san Telmo, patrón da cidade.

Máis dun centenar de persoas descubriu a escultura gótica e románica da catedral de Tui con Marta Cendón

Undefined

Máis dun centenar de persoas participou onte martes na visita “A escultura románica e gótica na catedral de Tui”, do programa “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudos Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui.

A investigadora tudense Marta Cendón, profesora da USC e presidenta do Instituto de Estudos Tudenses, guiou un percorrido polo templo catedralicio, profundando na historia de Tui e da catedral ao longo dos séculos. Todo dende unha visión escultórica, facendo fincapé nos seus elementos románicos e góticos.

Visita guiada ao mosteiro de Sanfins de Friestas o próximo martes

Undefined

O próximo martes, 29 de xullo, continúa o ciclo de visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui no mes de xullo e agosto, baixo o titulo de “Coñece o noso patrimonio”. Nesta ocasión será unha visita guiada ao mosteiro de Sanfins, en Friestas, en Valença, que comezará ás 20 h ES. 

O Concello de Tui e TUI Group avanzan na colaboración entre ambas entidades

Undefined

Onte mércores, 23 de xullo, estivo na nosa cidade  Marie Vandeplassche da equipa de Relacións Gobernamentais de TUI Group, o principal touroperador turístico europeo para manter unha xuntanza co alcalde tudense, Enrique Cabaleiro González, e a concelleira de turismo, Ana María Núñez Álvarez. Este encontro da continuidade ao que mantiveron o pasado mes de xaneiro os responsables municipais tudenses co CEO de Tui Group, Sebastian Ebel, en Fitur 2025.

O Concello de Tui e a Red de Juderías de España – Camino de Sefarad acordan promover novas accións promocionais do patrimonio xudeu tudense

Undefined

Durante os dous últimos días, xoves e venres, o novo director-xerente da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, Iñaki Echeveste, visitou a cidade de Tui coñecendo directamente o patrimonio xudeu e criptoxudeu que atesoura a nosa cidade, que forma parte dende o ano 2019 deste rede que integra na actualidade a 21 municipios de España.

O novo xerente da Red de Juderías de España – Camiño de Sefarad visita Tui

Undefined

Tui recibe a visita do novo director xerente da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, Iñaki Echeveste. Hoxe xoves e mañá venres estará no municipio para coñecer directamente o patrimonio xudeu e criptoxudeu que atesoura a nosa cidade que forma parte dende o ano 2019 deste rede que integra na actualidade a 21 municipios de España.

Máis dun medio centenar de persoas coñeceron o Tui literario con Marga do Val

Undefined

Máis de medio centenar de persoas participaron onte luns no “Paseo literario polo corazón de Tui”, a primeira das visitas do programa “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudos Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui.

A escritora e profesora Marga do Val guiou un percorrido por diversos lugares da memoria literaria tudense. Partindo dende a Alameda de San Domingos, abordou a vida e obra de poetas, novelistas e galeguistas que naceron, viviron en Tui ou tiveron unha conexión coa cidade.

O programa “Coñece o noso patrimonio” do Instituto de Estudios Tudenses ofrece seis actividades este verán

Undefined

Tras o éxito dos últimos anos o Instituto de Estudos Tudenses organiza unha nova edición das visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” en colaboración coa Concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui.

Neste mes de xullo e no agosto realizarán unha total de seis actividades e visitas guiadas a  elementos patrimoniais tudenses a cargo de especialistas do propio Instituto.  

Pages

Subscribe to RSS - Turismo