Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Gastronomía, música e patrimonio na cea sefardí do venres 19 no Parador de Tui

Undefined

A gastronomía forma parte tamén da programación do Setembro Xudeu. Así o  venres, 19 de setembro, celebrarase a “Cea Sefardí: Gastronomía, Música e Patrimonio no Parador de Tui”, con este menú especial, acompañado por música sefardí da man do grupo Kupala.  A reserva para esta cea especial debe realizarse antes 15 de setembro no teléfono 986 600 300 ou no correo tui@parador.es cun prezo de 38€ por persoa.

O menú sefardí esta composto por estes pratos:

Visita guiada polo patrimonio xudeu este sábado

Undefined

Este sábado, 13 de setembro, no marco do programa de actividades do “Setembro xudeu en Tui” terá lugar unha nova visita guiada que realizará un percorrido polo patrimonio xudeu, vinculado ás comunidades xudías e criptoxudías que habitaron no conxunto histórico tudense ao longo dos séculos. Comezará ás 11.30 h na Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira.

Máis de medio millar de persoas coñeceron este verán o patrimonio tudense

Undefined

Máis de medio millar de persoas participaron este verán nas seis actividades que conformaron o programa “Coñece o noso patrimonio”, organizado polo Instituto de Estudos Tudenses en colaboración coa Concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui.

Esta iniciativa pechouse cun éxito rotundo de participación nas rutas guiadas, conferencias e visitas especializadas a cargo de investigadores e expertos propostas ao longo dos meses de xullo e agosto, confirmando o crecente interese da cidadanía polo patrimonio cultural tudense.

Visita guiada pola Ruta Xudía este domingo en Tui

Undefined

Dentro do programa de actividades do “Setembro Xudeu” este domingo, 7 de setembro, ás 11.30 h terá lugar unha visita guiada cun percorrido pola ruta xudía no conxunto histórico tudense. Comezará na Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira.

Esta itinerario estará cargo da guía Sara Quintana, que posúe unha dilatada experiencia nas visitas ao conxunto histórico tudense e que tamén está acreditada pola Red de Juderias de España como guía Rasgo, que certifica a súa formación sobre a herdanza xudía.

Música sefardí á luz das candeas este venres en Tui

Undefined

A programación do “Setembro xudeu” en Tui comeza este venres 5 de setembro ás 21.30 h na praza do Pracer. Será co concerto de música sefardí á luz das candeas “Arvolicos lejanos”, a cargo de 2nafronteira: Maurizio Polsinelli ao piano e Carmen Penim na voz.

A gran novidade deste espectáculo é a iluminación, que está baseada nas candeas. Así a praza do Pracer, en pleno conxunto histórico de Tui, converterase nun espazo intimista e cheo de simbolismo para acoller este concerto de música sefardí.

Tui consolídase en agosto como segundo lugar de inicio de todos os camiños de Santiago

Undefined

Tui consolídase como o segundo lugar escollido polos peregrinos e peregrinas para iniciar a súa peregrinación a Santiago de Compostela. Así no pasado mes de agosto un total de 8.405 peregrinos comezou na nosa cidade o seu itinerario xacobeo. Unicamente Sarria, no Camiño Francés, supera a Tui con 25.639 persoas que iniciaron nesta vila lucense o seu percorrido.

O “Setembro xudeu” celébrase en Tui con doce actividades

Undefined

Tui afondará na súa rica historia e patrimonio coa celebración do  “Setembro xudeu”, unha oferta de actividades que resaltan o papel histórico da cidade e o seu patrimonio vinculado coa presenza dunha comunidade xudía e criptoxudía ao longo de varios séculos.

Ao longo deste mes de setembro ata doce propostas afondarán no coñecemento deste acervo histórico: visitas guiadas, música, gastronomía, películas, un programa semanal na Radio Municipal de Tui e outras actividades achegaran aos participantes a esta ampla oferta de carácter cultural e turístico.

Tui súmase ao proxecto Phygital da Red de Juderías

Undefined

O Concello de Tui é un dos 21 municipios da Red de Juderías de España que se suma ao proxecto Phygital. No marco do programa “Experiencias Turismo España”, xestionado pola Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, A Red de Juderías está a desenvolver este proxecto “Phygital. Localización, comunicación e propostas. Experiencias en tempo real”, unha iniciativa que une tecnoloxía avanzada, estratexias de comunicación e unha firme vocación patrimonia.

Miles de persoas gozaron da fin de semana festiva en Tui

Undefined

Miles de persoas gozaron da fin de semana festiva en Tui. A gastronomía conquistou  o sábado á noite o padal de miles de comensais con produtos típicos da nosa cociña con empanadas variadas, tortillas, bocadillos, e outras propostas, e onde non faltaron as sobremesas con tartas variadas, onde non faltaron as clásicas de améndoa, mazá ou tres chocolates, filloas recheas ou bica.

Pages

Subscribe to RSS - Turismo