A eurocidade Tui-Valença convértese na capital das artes de rúa co FIAR
24 funcións, 17 espectáculos e 5 localizacións conforman a segunda edición de FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa que terá lugar o venres 22, sábado 23 e domingo 24 na Eurocidade Tui-Valença financiado con fondos europeos do Interreg España – Portugal a través do proxecto Unicidade.
A presentación do festival tivo lugar esta mañá na antiga alfándega de Valença por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.