Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau
Este domingo, 26 de febreiro, celebrarase en Tui o Enterro do Bacallau, que despedirá o Entroido na localidade. A partir das 19.30 h, miles de persoas partirán en comitiva dende a praza de San Fernando para despedir o Entroido, nun desfile ao que asistirán as once comparsas que participaron no desfile-concurso do Martes de Entroido, xunto a todas aquelas persoas que o desexen, sempre de rigoroso loito.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.