Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Descarga de Documentos

E.g., 26/10/2020
E.g., 26/10/2020

Solicitude de inscrición no programa Coidand@-me 2020

17/02/2020

Solicitude de inscrición en “Coidand@-me” o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes que se vai impartir en Tui grazas á colaboración entre o Concello de Tui, a través da Concellería de Servizos Sociais, e AFAGA.

As persoas interesadas pódense inscribirse no departamento de Servizos Sociais na casa do concello até o martes 3 de marzo. Poden solicitar máis información no 986 60 36 25 ext. 54 ou no 986 22 97 97.

O programa comezará o luns 9 de marzo.  Celebrarase os luns de 11 a 12.30 h no Centro Sociocomunitario. Ao longo de doce sesións abordarase a parte emocional, a toma de decisións, o coñecemento dos recursos… O obxectivo é brindar as persoas coidadoras as ferramentas para prestar un mellor coidado aos seus familiares pero ao mesmo tempo para coidarse a sí mesmas.

Encontros deportivos 15 e 16 de febreiro de 2020

13/02/2020

Encontros deportivos 15 e 16 de febreiro de 2020

Bases Reguladoras do Concurso anunciador das Festas de San Telmo 2020

7/02/2020

Bases Reguladoras do Concurso anunciador das Festas de San Telmo 2020

Praza de presentación até o venres 20 de febreiro ás 14 h. 

Encontros deportivos 8 e 9 de febreiro de 2020

6/02/2020

Encontros deportivos 8 e 9 de febreiro de 2020

Encontros deportivos 1 e 2 de febreiro de 2020

30/01/2020

Encontros deportivos do sábado 1 e do domingo 2 de febreiro de 2020 nas instalacións deportivas municipais, e dos clubs tudenses fóra. 

Desfile-Concurso de Entroido 2020

29/01/2020

O martes, 25 de febreiro, celébrase en Tui o Desfile-Concurso de Entroido 2020. As bases publicaráronse no BOPPO o mércores, 29 de xaneiro de 2020. 

Encontros Deportivos 25 - 26 de xaneiro de 2020

23/01/2020

Partidos de clubs tudenses de fúbtol, fútbol sala, balonmán e baloncesto o sábado 25 e o domingo 26 xaneiro de 2020

Encontros Deportivos 18 - 19 de xaneiro 2020

17/01/2020

Partidos de clubs tudenses de fúbtol, fútbol sala, balonmán e baloncesto 18-19 xaneiro 2020

Bolsas de estudo para ensinanzas musicais do curso 2019/20

23/12/2019

O Concello de Tui convoca as bolsas bolsas de estudo para Ensinanzas musicais curso 2019-2020. 

Publicáronse no BOPPO o luns 23 de decembro de 2019

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados a partir do día da publicación do extracto desta convocatoria no boletín oficial da provincia

Bases convocatoria bolsas para deportistas tudenses de Alto Nivel 2019

21/11/2019

Bases convocatoria bolsas para deportistas tudenses de Alto Nivel 2019

Pendente de publicación no BOPPO.

Solicitude bolsas para deportistas tudenses de Alto Nivel 2019

21/11/2019

Solicitude bolsas para deportistas tudenses de Alto Nivel 2019

Pendente de publicar a convocatoria no BOPPO.

Solicitude curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”

18/11/2019

Solicitude de inscrición no curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas” 

Impartirase o sábado, 30 de novembro, de 10 a 14 h e de 17 a 20 h no pavillón do CEIP nº2 de Tui. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui. Será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita, pertencentes a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

As mulleres interesadas en realizar o curso deben cubrir o impreso de solicitude, que poden descargar da web municipal ou recoller na casa do concello, e presentala por rexistro de entrada ou na sede electrónica do Concello de Tui. 

Páxinas