Con data 20/03/2023 reuniuse o tribunal de selección para a contratación de 14 peóns de horticultura e xardineria dentro do Plan Concellos 2023, para a resolución de alegacións, puntuacións definitivas e proposición definitiva de candidatos.
Con data 20/03/2023 reuniuse o tribunal de selección para a contratación de 14 peóns de horticultura e xardineria dentro do Plan Concellos 2023, para a resolución de alegacións, puntuacións definitivas e proposición definitiva de candidatos.
Finalizado o prazo de alegacións sen que se presentase algunha, as puntuacións provisionais consideránse definitivas, o día 22/03/2023 o tribunal realizou o sorteo para solventar o desempate entre as dúas candidatas con mais puntuación, e propuxo a candidata a contratar.
Mediante resolución da Concellería delegada de persoal de data 24/03/2023 se aceptou a proposta do tribunal e se requiriu a documentación necesaria para contratar, a aspirante dispón de 3 días hábiles para presentar a mesma (prazo que finaliza o martes día 28/03/2023)
Mediante Resolución da data 17/03/2023 se contratou a un oficial segunda carpinteiro e un oficial segunda fontaneiro dentro do Progama de activación do emprego na Deputación (Plan Concellos 2023), todo elo de acordo coas bases reguladoras do Plan Concellos para a activación do emprego da Deputación de Pontevedra 2023 (BOPPO 208 de 31/10/2022)
Convocatoria sesión plenaria nº 2/2023 de pleno extraordinario do martes, 14 de marzo de 2023
Mediante Resolución da concellaría delegada en funcións de persoal de data 06/06/2023 se aprobou a lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de traballador/a social.
Mediante Resolución da Alcaldía de data 08/05/2024 se iniciou o chamamento as 5 aspirantes dispoñibles, co ofrecemento dun nomeamento interino, traballador social, vinculado ao "Programa de excución temporal para a corrección do impacto social da pandemia do COVID-19 nos cidadáns do concello", as persoas as que se lles ofrece o nomeamento dispoñen de dous días hábiles para aceptar ou rexeitar o nomeamento. Prazo que remata o vindeiro venres día 10/05/2024.
Do 8 ao 17 de abril vanse celebrar en Tui as Festa de San Telmo 2023. Este é o programa previsto.
BANDO
ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO FESTAS DE SAN TELMO 2023
O concello de Tui ven celebrando dende hai anos un espectáculo pirotécnico de fogos artificiais como colofón dos actos das festas patronais na honra a San Temo. Este espectáculo realizarase nunha zona dos xardíns de Rosendo Troncoso, e terá lugar o luns día 17 de abril de 2023 ás 23:30h cunha duración prevista de 15 min.
Debido a que esta festa de San Telmo está declarada como festa de interese turístico de Galicia, este espectáculo pirotécnico é contemplado todos os anos por multitude de persoas que se distribúen, principalmente, dende a praza do monumento ao Cabalo Salvaxe, ata as rúas Antero Rubín e Canónigo Valiño e ao longo do paseo Irmáns Álvarez Blázquez.
Neste senso, o concello de Tui como organizador do evento, pon en coñecemento da veciñanza e do público en xeral, en especial aos titulares de vivendas e elementos arquitectónicos con valor artístico, histórico e social, e residentes nos lugares indicados, que ao longo do citado día haberá restricións de tráfico no ámbito da zona de seguridade de tirada dos fogos, e avisa da presenza das dotacións de Policía Local, voluntarios da Agrupación local de Protección Civil con motobomba e de ambulancia para atender calquera incidencia que se poida producir.
Así mesmo, solicitamos ao público asistente ao espectáculo pirotécnico a máxima prudencia e atención ás indicacións de seguridade no transcurso do mesmo para evitar danos ás persoas e bens.
En Tui, na data que se sinala á marxe.
O Sr. Alcalde en funcións, Rafael Estévez Martínez
CONSULTA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS CONVOCADAS PARA O 28 DE MAIO DE 2023
D. Enrique Cabaleiro González, alcalde do Concello de Tui
FAI SABER:
O 19/05/2020 publicouse no Boletín Oficial do Estado número 80 o Real Decreto 207/2023, do 3 de abril, de convocatoria de eleccións locais para o 28 de maio de 2023.
Tendo en conta as instrucións para servicios de consulta municipais remitidas pola Delegación Provincial do INE de Pontevedra (Rexistro de entrada nº 2023- E-RC-3010 do 10/04/2023).
Tendo en conta que de conformidade co artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral: “Los ayuntamientos y consulados estarán obligados a mantener un servicio de consulta de las listas electorales vigentes de sus respectivos municipios y demarcaciones durante el plazo de ocho días, a partir del sexto día posterior a la convocatoria de elecciones. .../...”
Comunícase que dende o día 10 de abril e ata o 17 de abril, ambos os dous incluídos, os electores poderán consultar os seus datos de inscrición no censo electoral.
A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado. Teléfono de consulta Concello de Tui: 986603625 en horario de 9:00h a 14:00 h.
Así mesmo infórmase que durante o citado periodo publicarase na Sede Electrónica do Concello de Tui relación de Mesas e Locais electorais enviada polo Censo Electoral.
Bases XXV Feira de Artesanía 2023
Con data de 12/04/2023 se aprobou a lista de reserva para nomeamentos interinos para prazas de operarios de obras, dita lista estará vixente ata que se realice outro proceso selectivo para prazas de operarios de obras e en todo caso por 3 anos.
Convocatoria sesión plenaria nº 4/2023 de pleno extraordinario do martes, 2 de maio, de 2023
Campamento de Verán Igual É + 2023 - Condicións Xerais
Campamento de Verán Igual É + 2023 - Solicitude
Realizado o primeiro exame o martes día 23/05/2023 se publican as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións, prazo que finaliza o luns día 29/05/2023.