O xoves preséntase a Festa do Meixón 2022
Do 8 ao 25 deste mes de abril vaise celebrar en cinco restaurantes tudenses a Festa do Meixón. Este evento será presentado este xoves, 7 de abril, ás 11.30 h, no Claustro da Catedral.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Do 8 ao 25 deste mes de abril vaise celebrar en cinco restaurantes tudenses a Festa do Meixón. Este evento será presentado este xoves, 7 de abril, ás 11.30 h, no Claustro da Catedral.
Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.
Programa das festas de San Telmo do 16 ao 25 de abril de 2022
O próximo luns, 4 de abril, ás 12 h no salón de sesións da casa do concello terá lugar a presentación da programación das Festas de San Telmo 2022 que se van celebrar do 16 ao 25 de abril.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto ao outros membros da corporación municipal.
As celebracións da Semana Santa volven este ano a Tui tras dous anos de ausencia debido á pandemia coa organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui.
Folleto Semana Santa Tui 2022
Mañá venres, 25 de marzo, ás 11 h na sala de concelleiro da Casa do Concello terá lugar a presentación do programa da Semana Santa 2022.
Participarán no acto Enrique Cabaleiro González, alcalde; Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino e Cultura; Santiago Freire Comesaña, párroco de Tui e coengo; Jorge Gonçalves Murta, da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia; Juan José Sío Castro, da agrupación de exvoluntarios de Protección Civil, e Eduardo Cadenas, da Asociación Amigos da Catedral.
O concurso de carteis convocado polo Concello de Tui para a elección da imaxe anunciadora das festas patronais de San Telmo 2022 contou coa participación de 22 carteis, unha elevada cifra de participantes pola que a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Sola, amosa a súa satisfacción.
Tui celebrará as festas patronais de San Telmo do 16 ao 25 de abril
Este venres, 25 de marzo, ás 19 h chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo “Rosalía” da man de Culturactiva. Este espectáculo pecha a programación dos meses de febreiro e marzo neste espazo.
Baixo a dirección de Fina Calleja sobre o escenario estarán Rocío González e Cristina Collazo.
A obra achéganos á infancia de Rosalía de Castro, onde unha nena canta, xoga, le, come chocolate… Rosalía quere amosarlle aos nenos e nenas que a infancia é o lugar onde medran as poetas : entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.