Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A visita aos Monumentos e as procesións dos Pasos e do Santo Enterro actos centrais da Semana Santa en Tui

Undefined

.   Relixiosidade, tradición e patrimonio van da man esta Semana Santa en Tui coa recuperación dos actos procesionais e da Visita aos Monumentos que marcan o programa destes días baixo a organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui.

Mañá preséntase a XII Semana do Teatro Amador

Undefined

Mañá mércores, 13 de abril, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da XII Semana do Teatro Amador que se vai celebrar no Teatro Municipal do martes 19 ao venres 22 dentro da programación das Festas de San Telmo.  

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a representantes dos grupos de teatro participantes San Fins de Rebordáns, Aloia de Pazos de Reis, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, e Chirlomirlo de Randufe.

Festa do Meixón 2022

O meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo.

Do 8 ao 25 de abril, celébrase a Festa do Meixón en cinco restaurantes tudenses, Asador Paulo,  El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e no Parador de Tui .

Previa reserva en cada establecemento, poderase tomar a ración, con pan e unha copa de viño a un prezo de 69 €. 

O MUMI 2022 pechou a convocatoria para artistas e bandas superando amplamente as expectativas

Undefined

A organización do MUMI 2022 ten por diante un duro traballo de selección, tras o éxito de convocatoria que se pechou cun total de 352 propostas artísticas candidatadas para os showcases. En canto á procedencia está bastante igualada, cun número similar de inscricións galegas e portuguesas. A grande maioría das propostas son de artistas cunha traxectoria consolidada, respaldadas por axencias profesionais, o que desde a organización apuntan como “un feito que demostra a solidez da escena e o interese da industria musical dos dos países polo MUMI”.

A asociación asistencial SOS Tomiño Baixo Miño e Alberto Romero Rodríguez “Romer” Premios Cidade de Tui 2022

Undefined

O Concello de Tui convocou por segundo ano os Premios Cidade de Tui destinados a recoñecer e galardoar o relevante labor desenvolvido tanto por persoas físicas como xurídicas para o progreso da nosa cidade, pola a súa achega ao desenvolvemento social dende o seu ámbito profesional ou por calquera acción de relevancia que teña contribuído ao engrandecemento e difusión de Tui e os seus cidadáns.

Tui festexará a San Telmo cun amplo e innovador programa

Undefined

Tui vai celebrar as Festas de San Telmo 2022 do 16 ao 25 deste mes de abril cun programa “ambicioso, moi completo e innovador”. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación dos festexos patronais, na que participaron tamén a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio, Emprego, Formación e Igualdade, Ana Núñez, o concelleiro de Medio Rural e Deportes, Rafael Estévez, e o concelleiro de Seguridade e Persoal, José Ramón Magán.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura