A tudense Uxía R.M. presenta por vez primeira a súa obra artística
Este xoves, 15 de febreiro, ás 19.30 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no Edificio “Francisco Sánchez”, a exposición “Natural artificial” da tudense Uxía R.M. Esta é a primeira vez que esta artista presenta a súa obra nunha mostra. Na exposición reúne unha selección de obras realizadas dende que comezou a carreira de Belas Artes ata a actualidade. Na mesma presenta os seus traballos en disciplinas artísticas: principalmente pinturas acrílicas o ao óleo pero tamén fotografía e debuxo.