Teatro, música coral e espectáculos para público familiar hoxe e mañá nas festas de San Telmo
Tras unha intensa fin de semana hoxe continua a programación das festas de San Telmo
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Tras unha intensa fin de semana hoxe continua a programación das festas de San Telmo
As actuacións das bandas de música de Tui e O Rosal, o festival folclórico, concertos de Manuel Madarnás e The Turre’s Band, pasarrúas da charanga Cantos Somos e a primeira verbena das festas con La Oca Band conforman a programación deste domingo nas Festas de San Telmo.
Un programa pensado para chegar a públicos de todas as idades. Así é a programación das Festas de San Telmo 2023 organizadas polo Concello de Tui e que brindarán dez días de animación dende este sábado, 30 de marzo, até o luns 8 de abril, festivo local en Tui. Estas festas, declaradas de Interese Turístico Galego, ofertan variedade de propostas, musicais, teatrais, gastronómicas,… para pequenos e maiores. Dúas carpas, na Corredoira e no Espazo Feiral, albergarán parte das propostas que terán lugar tamén na praza da Inmaculada, no Teatro Municipal, ou na rúa Compostela.
A actriz Isabel Blanco será a encargada, este sábado 30 ás 12.45 h na carpa da Corredoira, de dar lectura ao pregón das Festas de San Telmo 2024. A actriz conta cunha longa traxectoria no cinema e na televisión, dende a serie da TVG “Mareas Vivas” a “Nada es para siempre” de Antena 3 ou “Efectos secundarios” e “Todos os Santos “da TVG”. Foi a presentadora de programas coma “A Repanocha”, “O Rei da Comedia”, e participou tamén no Luar.
O teatro ten o seu propio lugar nas festas de San Telmo xa que hai catorce anos se celebra a Semana de Teatro Amador na que os grupos locais poñen en escena as súas montaxes, na meirande parte dos casos elixindo precisamente esta cita para a estrea das obras. Dende a concellería de Cultura apostouse, coma lembra a concelleira Sonsoles Vicente, por brindar as compañías afeccionadas tudenses a oportunidade de actuar no Teatro Municipal nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais.
A música será unha das grandes protagonistas das Festas de San Telmo. Amais do concerto que Fillas de Cassandra ofrecerá este sábado 30 ás 00 h Espazo Feiral, o domingo 7 de abril, Domingo de San Telmo, subirá ao escenario Mondra coa xira “Folía das Ardentes”. Este é un espectáculo de gran formato no que se mestura a percusión tradicional galega e a electrónica e as danzas urbanas. Baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, abre unha porta á terra ARDENTE.
A cultura e música tradicional estará moi presente nas festas de San Telmo que comezará este sábado 30 de marzo. Ao longo do programa festivo poderemos disfrutar de distintas actuacións de grupos tradicionais tudenses dende grupos folclóricos a bandas de gaitas, e o traxe tradicional terá o seu desfile exaltación tamén nos festexos.
Así o grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro actuará o sábado 30, ás 12 h, na praza da Inmaculada acompañado polos Xigantes e Cabezudos, achegando unha boa mostra do noso folclore.
Fillas de Cassandra, o dúo formado por Sara Faro e María SOA, presentará nas Festas de San Telmo 2024 o seu novo espectáculo Últimas Dionisíacas. Será o sábado, 30 de marzo, ás 00 h no Espazo Feiral. En Últimas Dionisíacas revisitan os éxitos do LP Acrópole desde unha electrónica máis escura e potente, e no que o dúo deixa entrever o que será o seu novo traballo discográfico, xunto a outras composicións inéditas.
O Concello de Tui acordou designar á enóloga Susana Esteban Ordoñez como Premio Cidade de Tui 2024 na categoría individual e á Asociación “Amigos da Catedral” na categoría colectiva, logo da deliberación do xurado designado para a escolla destes recoñecementos. Estes premios foron creados en 2021 para recoñecer anualmente o labor daquelas persoas e entidades que teñan realizado unha achega de carácter exemplar á vida local ou teñan contribuído coa súa traxectoria á promoción de Tui.
As Festas de San Telmo reafirman o seu carácter de interese turístico galego coa transformación iniciada hai uns anos, e continúan coa potenciación dos valores locais. Estas festas, para vivir na rúa, foron presentadas esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ás concelleiras Sonsoles Vicente e Ana Núñez, e os concelleiros Rafael Estévez, Miguel Méndez e Ismael Diz.