Máis de 100 bailaríns participarán no “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”
A cultura urbana chega a Tui nesta fin de semana por partida dobre. O pavillón municipal acollerá este domingo 29, a partires das 15:00 horas, o “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”. Máis dun centenar de bailaríns participarán en diferentes coreografías e actuacións en grupo con integrantes dende os 4 anos en diante.