Esta fin de semana o público familiar ten unha dobre cita no Teatro Municipal de Tui con Don Quixote e a Carapuchiña Vermella
“Don Quixote, unha comedia gastronómica” presenta unha montaxe única cos espectadores no escenario e a “Carapuchiña Vermella” buscará unha experiencia inmersiva con música en directo
Dobre cita esta fin de semana no Teatro Municipal de Tui. O venres, ás 20h, Limiar Teatro Presenta “Don Quixote, unha comedia gastronómica” e o sábado, ás 19h, Educa Teatro achega “Carapuchiña Vermella”.