Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Dobre presentación literaria mañá na Sala Félix Rodríguez en Tui

Undefined

A Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, acolle mañá venres pola tarde dúas presentacións literarias.

Por unha banda ás 18 h terá lugar a presentación de “Voces de un pueblo represaliado” de José Antonio Bao Lemos. O autor, natural de Vigo e afincado en Salceda, será presentado por Xurxo Vaqueiro, e participará tamén no acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Este venres preséntase en Tui o libro “Las costuras del guión: textos de cine y vida” de Daniel Domínguez

Undefined

Este venres, 12 de abril, ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, terá lugar a presentación do libro “Las costuras del guión: textos de cine y vida” unha recompilación de escritos do cineasta tudense Daniel Domínguez. No acto participarán Pepe Coira, acreditado produtor e guionista, e editor desta obra, así como o cineasta Carlos Amil. Ambos amigos de Daniel Domínguez e compañeiros na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Tamén participará o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Presentación do Cupón da Once dedicado ás Festas de San Telmo

Undefined

Mañá venres, 5 de abril, ás 11 h na sala de reunións da casa do Concello presentarase o Cupón da Once dedicado ás Festas de San Telmo.

Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde.

Pasarrúas musical, espectáculo familiar, concertos e teatro no venres de San Telmo

Undefined

Pasarrúas musical con Pulpiño Viascón, un espectáculo de malabares, humor e circo con Peter Punk, o peche da XIV Semana de Teatro Amador co grupo de teatro A Insua e os concertos de Pacheco Bros e Acevedos Delgados conforman a programación para mañá venres nas festas de San Telmo

Música e teatro na programación do mércores e xoves nas festas de San Telmo

Undefined

Música e teatro centran a proposta da programación para mañá mércores e para este xoves nas festas de San Telmo en Tui, declaradas Interese Turístico Galego.

Mañá mércores a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará, ás 16.30 h, na Residencia San Telmo. A música será a protagonista tamén na carpa da Corredoira onde tanto mañá mércores coma o xoves ás 18 h actuará o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Amais o xoves ás 19 h fará un pasarrúas Barafunda Animación con “O Globador tolo”.

Actividades infantís, bandas de música, charangas e verbenas nas festas de San Telmo que comezan este sábado

Undefined

Un programa pensado para chegar a públicos de todas as idades. Así é a programación das Festas de San Telmo 2023 organizadas polo Concello de Tui e que brindarán dez días de animación dende este sábado, 30 de marzo, até o luns 8 de abril, festivo local en Tui.  Estas festas, declaradas de Interese Turístico Galego, ofertan variedade de propostas, musicais, teatrais, gastronómicas,… para pequenos e maiores. Dúas carpas, na Corredoira e no Espazo Feiral, albergarán parte das propostas que terán lugar tamén na praza da Inmaculada, no Teatro Municipal, ou na rúa Compostela. 

A actriz Isabel Blanco lerá este sábado o pregón das Festas de San Telmo

Undefined

A actriz Isabel Blanco será a encargada, este sábado 30 ás 12.45 h na carpa da Corredoira, de dar lectura ao pregón das Festas de San Telmo 2024. A actriz conta cunha longa traxectoria no cinema e na televisión, dende a serie da TVG “Mareas Vivas” a “Nada es para siempre” de Antena 3 ou “Efectos secundarios” e “Todos os Santos “da TVG”. Foi a presentadora de programas coma “A Repanocha”, “O Rei da Comedia”, e participou tamén no Luar.

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

Undefined

O teatro ten o seu propio lugar nas festas de San Telmo xa que hai catorce anos se celebra a Semana de Teatro Amador na que os grupos locais poñen en escena as súas montaxes, na meirande parte dos casos elixindo precisamente esta cita para a estrea das obras.  Dende a concellería de Cultura apostouse, coma lembra a concelleira Sonsoles Vicente, por brindar as compañías afeccionadas tudenses a oportunidade de actuar no Teatro Municipal nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura