Nomeamento delegación de funcións de Alcaldía
Nomeamento delegación de funcións de Alcaldía
Ata o venres, 29 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de piragüismo, patinaxe, balonmán e fútbol que haberá esta temporada en Tui dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas. Os interesados teñen que entregar cumprimentada a folla de inscrición na secretaría do Concello de Tui, a través dos clubs deportivos Club Balonmán Tui, CD Ribadelouro, Club Kaiak Tudense e Club Piragüismo Penedo, a través do enderezo electrónico deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do ORAL.
Toda a información e o impreso de inscrición pode atoparse na web da Deputación
O sábado, 19 de agosto, dentro da Festa do Miño, celebrarase a VII Festa Gastronómica. Por este motivo convócanse 12 postos de venda directa e promoción do produto natural, autóctono e artesá. Poderán solicitar os mesmos as asociacións culturais inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Tui. Deberán facelo o mércores, 12 de agosto, no rexistro de entrada de 9 a 14h, presentado o modelo de solicitude e a documentación requirida.
Ante a celebración do 23 de xuño das fogueiras de San Xoán débese presentar na casa do concello a solicitude de autorización para a realización destas fogueiras, xunto á documentación requirida, ata o mércores 21 de xuño de 2017.
O Concello de Tui editou en marzo de 2017 un novo folleto turístico que recolle a oferta de lecer de turismo activo e de hospedaxe no municipio. Realízase unha tirada de 20 mil exemplares editados en tres idiomas:castelán, inglés e portugués. Está dispoñible na Oficina Municipal de Turismo e nos establecementos hostaleiros tudenses.
A XXI Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 6 e o domingo 7 de maio de 2017. Convócanse 44 postos para a venda directa por parte de artesáns.
Modelo de solicitude de Baixa a Instancia de Parte do Padrón Municipal por Cambio de Residencia de Estranxeiros que se Trasladan ao Estranxeiro
Modelo de Solicitude de Certificado de Convivencia no Padrón de Habitantes
Modelo de Solicitude de volante de empadroamento
Modelo de Solicitude de certificado de residencia-convivencia
Modelo Solicitude de certificado de empadronamento urxente
Modelo de Solicitude de alta no padrón de habitantes por nacemento