Pleno extraordinario da corporación o martes 15 de setembro
A corporación municipal de Tui celebrará pleno de carácter extraordinario, ante a «necesidade de continuar a tramitación do expediente de contratación para a “Renovación das instalacións do alumeado público exterior do Concello de Tui”, tendo en conta os prazos vinculados á actuación financiada polo IDAE» ,o martes, 15 de setembro ás 20 h, coa seguinte orde do dia:
A) PARTE RESOLUTIVA
1.Expediente 4789/2026. Aprobación do ditame sobre a contratación da “Renovación das instalacións do alumeado público exterior do Concello de Tui”, contrato mixto de subministración e obras, mediante procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria..
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
Non hai asuntos
C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos





