O Campionato de España de Circuíto de Radiocontrol Térmico decídese esta fin de semana en Tui
Esta mañá, na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón das instalacións de piragüismo e remo de Tui, foi presentado o Campionato de España de Radiocontrol Térmico, que se celebra en Tui esta fin de semana, o sábado 6 e o domingo 7 de setembro, no río Miño ao seu paso por Tui. Trátase dunha cita deportiva que está organizada polas federacións española e galega de motonaútica e que conta coa colaboración do Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Club Naútico San Telmo de Tui.
No acto estiveron presentes o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez; o presidente da Federación Galega de Motonáutica e do segundo da Comandancia Naval do Miño, Carlos López.
É a sétima ocasión que Tui acolle esta competición á que chegarán pilotos doutras comunidades como Cataluña, Madrid, Murcia, Cantabria e na que tamén haberá representación galega. En palabras do presidente da Federación Galega de Motonaútica, Carlos Gago “os pilotos demandan competir en Tui e marcan a primeira fin de semana de setembro como data fixa”. E así o farán os máis de doce deportistas que están inscritos nas catro categorías: 3.5 cc, 7.5 cc, 15 cc e 35 cc.
Apuntaba o presidente que a esta proba “o campionato chega aberto. Aquí se van a decidir os campións de España das catro categorías”. E é que durante a fin de semana vanse a desenvolver tres probas puntuables.
O sábado a partir das 9.30 horas haberá adestramentos libres e a primeira manga comezará aproximadamente sobre ás 11.30 horas. Pola tarde, a partir das 16.30 horas dará comezo a 2ª manga de cada categoría.
O domingo a xornada comezará de 9.00 a 10.00 horas cos adestramentos libres e posteriormente iniciarase a 3ª manga. A continuación correrase o “Campionato Galego de Radiocontrol”.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez mostrou o apoio do Concello. “Seguiremos apostando por estes eventos, e estamos abertos a traer máis probas. A Tui o deporte lle gusta e seguiremos apostando por el”.
Tui vivirá así esta espectacular cita de carácter deportivo, unha nova edición deste gran evento fixado no calendario da cidade.