Departamentos
-
Eurocidade
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
-
A única Cabalgata de Reis entres dous países que se celebra en Europa volverá unir o próximo luns o territorio da Eurocidade Tui-Valença nun evento tan singular coma máxico....
-
A exitosa experiencia de cooperación transfronteiriza entre o Concello de Tui e a Cámara de Valença fixo posible que a cidade acolla hoxe e onte a reunión anual do Comité de...















