Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Maña martes José Luis Sanchez, de Vía Lusitana, e Begoña Valdomar, de Agacs, no Foro Do Camiño Portugués

Undefined

Maña martes 22 de febreiro, o Concello de Tui continua coa celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza, nesta ocasión, de dous acreditados representantes do movemento asociativo xacobeo de Portugal e Galicia. Nesta nova sesión contarase coa presenza de José Luís Sanches, directivo da Associaçao de peregrinos “Vía Lusitana” e de Begoña Valdomar, vicepresidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño Portugués – Agacs.

O alcalde de Tui participou no acto oficial de “presentación” da certificación do Camiño Portugués da Costa

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou onte nos actos oficiais organizados pola entidade de Turismo de Porto e Norte de Portugal para a presentación pública da recente aprobación por parte do Goberno de Portugal da certificación do Camiño Portugués da Costa entre Porto e Valença, o que o converte no terceiro itinerario xacobeo delimitado en terras portuguesas.

O movemento asociativo xacobeo de Galicia e Portugal ofrecerá a súa visión da peregrinación no Foro do Camiño Portugués o próximo martes

Undefined

O vindeiro martes, 22 de febreiro, o Concello de Tui continua coa celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza, nesta ocasión, de dous acreditados representantes do movemento asociativo xacobeo de Portugal e Galicia. Así contarase coa presenza de José Luís Sánches, directivo da Associaçao de peregrinos “Vía Lusitana” e de Begoña Valdomar, vicepresidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño Portugués – Agacs.

O Concello de Tui acolle unha xornada de presentación  do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos, SICTED

Undefined

O Concello de Tui acollerá a próxima semana unha xornada de presentación do programa SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. Esta xornada está organizada pola Deputación de Pontevedra e Turismo “Rias Baixas”. Celebrarase o próximo martes, 22 de febreiro, ás 17.30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui. 

O Concello de Tui congratúlase pola certificación oficial do Camiño Portugués pola Costa ata Valença

Undefined

O Goberno de Portugal publicou no día de onte o decreto que certifica, ou oficializa o Camiño Portugués da Costa, unha ruta xacobea que remata na cidade irmá de Valença, recoñecendo a importancia “histórica e cultural” deste Camiño de Santiago, nunha decisión asinada conxuntamente polas secretarias de Estado do Turismo, Rita Marques, e Adxunta e do Patrimonio Cultural, Ângela Ferreira.

A nova oficina de turismo de Tui abre as portas a unha inédita marca turística

Undefined

O sector turístico é un eixo estratéxico para Tui e, en especial, unha oportunidade para  fortalecer o desenvolvemento sostible da zona, servindo de motor para a súa economía  urbana. Dende o propio Concello, Salvaterra, Monçao, Valença, Turismo de Galicia,  Turismo Norte de Portugal e Patrimonio Natural levan anos traballando para poder  actualizar e acadar unha oferta de calidade que contemple absolutamente todo o que a  localidade e a súa contorna ten para atraer aos visitantes.  

Mañá conferencia de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe no Foro do Camiño Portugués

Undefined

Maña, martes 25 de xaneiro, o Concello de Tui retoma a celebración mensual do “Foro do Camiño Portugués” coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex-conselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui concedida no ano 2017.

Páginas

Suscribirse a RSS - Turismo