Xornada de debuxo sobre o Tui xudeu o sábado 16
Dentro da programación ‘Setembro Xudeu en Tui’ o sábado 16 deste mes terá lugar un encontro de debuxo sobre o Tui xudeu organizado polo colectivo Urban Sketchers coa colaboración da concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui. Desenvolverase nas vellas rúas do conxunto histórico onde hai séculos viviron os integrantes das comunidades xudías e criptoxudías.