Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O patrimonio arqueolóxico centra mañá a vista guiada do Instituto de Estudos Tudenses

Undefined

Mañá martes, 23 de xullo, terá lugar a segunda visita do ciclo “Coñecendo o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses. Nesta ocasión estará centrada na “Arqueoloxía do Alto do Coello e Rozacús” na parroquia de Randufe. Esta visita estará a cargo do arqueólogo Benito Vilas Estévez, que foi o responsable da intervención realizada neste espazo no ano 2020, e que sinala que este xacemento ten a singularidade de presentar exemplos de diferentes épocas nun mesmo espazo: hai figuras xeométricas, naturalistas e ata medievais.

A Ponte Creativa e enogastronómica terá lugar mañá domingo 21 de xullo

Undefined

A Ponte enogastronómica que forma parte da programación do IKFEM, tivo que ser suspendida hoxe sábado, 20 de xullo, debido á situación meteorolóxica con choivas ao longo do día. Celebrarase mañá domingo, 21 de xullo, con música, artesanía, creatividade e enogastronomía das dúas beiras do Miño a partir das 12.30  h ES.

+ información

Esta fin de semana celébrase o IV Festival da Cultura Tradicional e Folk

Undefined

A música e a vestimenta tradicional serán protagonistas esta fin de semana en Tui no IV Festival da Cultura Tradicional e Folk organizado pola Asociación Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui. Este é o segundo dos eventos da programación “Tui, verán na rúa”.

O programa comezará este sábado, 13 de xullo, a partir das 20 h na praza de San Fernando coa celebración do IX Certame de Gaita e Tamboril no que haberá participantes das catro provincias galegas.

O GuillaFolk abre esta fin de semana a programación Tui,Verán na rúa

Undefined

Comeza a programación “Tui, Verán na rúa” esta fin de semana coa celebración do GuillaFolk organizado pola Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei coa colaboración do Concello de Tui.

Mañá venres 5 e o sábado 6, Guillarei converterase no epicentro da música e da cultura tradicional coa celebración do GuillaFolk, co VII Festival Folclórico e o IX Festival de Bandas. O evento terá lugar no Torreiro de Festas de Guillarei e ofrecerá unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.

Tui prepárase para celebrar a máxica noite de San Xoán cunha programación repleta de actividades

Undefined

Tui prepárase para celebrar a máxica noite de San Xoán cunha programación repleta de actividades na que non faltará a recollida de herbas de San Xoán, propostas gastronómicas nas que non faltarán as sardiñadas, as tradicionais cacharelas e concertos.

Son un total de oito puntos ao longo do municipio onde terán lugar as celebracións organizadas por asociacións culturais e veciñais co apoio do Concello de Tui. 

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura