Mañá ás 12h inaugúrase a exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”
Mañá xoves, 3 de agosto, ás 12h na sala de exposicións municipal na Área Panorámica terá lugar a inauguración da exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”. Esta mostra, promovida polo departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, busca contar a historia da represión rexistrada en Pontevedra tras o golpe de Estado de 1936 dende o punto de vista das mulleres. En doce paneis recóllese a historia de 172 veciñas da provincia, a quen deste xeito se lles rende unha homenaxe.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.