Remata o cinema de verán coa proxección da película de animación “Ferdinand”
A derradeira xornada do cinema de verán da programación cultural de Tui será mañá venres, 24 de agosto ás 22:00h na Praza de San Fernando coa proxección da película “Ferdinand”. A película de animación infantil trata dun toro, Ferdinand, que prefire sentarse baixo unha árbore e ulir as flores que pelexar con outros toros. Todo cambiará para Ferdinand o día que é elixido para ir as corridas de touros en Madrid. Esta divertida comedia ten unha duración de 106 minutos.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.