A camelia protagonista da fin de semana en Tui
Mañá ás 12.45 h inaugurarase no claustro da Catedral de Tui a XI Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada polo Concello de Tui e ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia. Este evento reunirá 75 expositores de Galicia, Asturias e Portugal que presentarán distintas variedades e innovacións. Esta cita súmase tamén aos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.




