Tui despide este domingo o Entroido coa celebración do Enterrro do Bacallau
O Entroido despídese este domingo, 24 de marzo, en Tui coa celebración do Enterro do Bacallau. No mesmo prevese a participación de miles de persoas que partirán ás 19.30 h dende a praza de San Fernando. O percorrido que realizará irá polas rúas Seixas, Porta da Pía, Ordoñez e Paseo da Corredoira até o Cantón de Diomedes onde se darán lectura as coplas, e continuará pola praza da Inmaculada, as rúas Augusto G. Besada, Betanzos, Praza de Galicia, e rúa Lugo até a traseira da Área Panorámica para proceder a incineración do bacallau.