Mañá xoves na Biblioteca Municipal o Bardo Abelardo presenta “A música da auga”
A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle mañá xoves, 17 de outubro, ás 18 h o contacontos musical “A música da auga” a cargo do Bardo Abelardo. Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos. A entrada é de balde até completar a capacidade do local. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca.
“A música da auga” é un conto musical que pon en valor a parte feminina das nosas vidas: a auga, a terra, a tenrura, a paz e solidariedade e acabar así con todo tipo de violencias.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.