Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas no Teatro Municipal
Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui. Hoxe luns ás 20 h abrirase a reserva de entradas a través da web www.tui.gal. Melchor, Gaspar e Baltasar recibiran aos pequenos e pequenas este mércores, 5 de xaneiro, de 11.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h. Establécense quendas de entrada cada 10 minutos, admitíndose un máximo de 6 grupos por quenda estando composto cada grupo por un máximo de 5 persoas da que coma mínimo 1 debe ser unha persoa adulta.