Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño
O folclore máis internacional darase cita o próximo martes, 30 de xullo, no Parque do Laxal en Rebordáns, cunha nova edición da Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui. Este evento forma parte da programación “Tui, verán na rúa”.
Participarán os grupos Sbandieratori Ducato Caetani de Italia, Folk Ensemble "Omarska" de Bosnia Herzegovina, o Conxunto de Cantos e Danzas Tradicionais Los del Bio Bio de Chile e o Ballet Tierra Adentro de Uruguai.