O alcalde de Tui e o presidente da RAG abordaron a conmemoración do centenario do tudense Manuel Lago González
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, mantivo unha xuntanza este luns, 13 de xaneiro, co presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, e co vicesecretario da Academia, Xosé Henrique Monteagudo Romero na sede desta institución na Coruña. Tamén estivo presente o técnico municipal tudense, Rafael Sánchez Bargiela. O tema deste encontro, solicitado dende o Concello de Tui, foi a celebración, o vindeiro 18 de marzo, do centenario do falecemento do egrexio tudense Manuel Lago González, que ocupaba daquela a sede arcebispal de Santiago de Compostela.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.