Tui celebrará en xullo o Pacto de Tui
O goberno municipal de Tui aposta pola celebración do Pacto de Tui, cunha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa a sinatura deste pacto que tivo lugar o 4 de xullo do 1.137. Con este evento crearíase marca cidade, xa que tal e coma o nome do propio pacto indica só se podería celebrar en Tui, e ao tempo cubriría a carencia dun festexo importante estival, combinando no mesmo o compoñente medieval, e o atractivo de concertos destacados.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.