Continúa a programación do verán coa proxección da película “Cavernícola”
A segunda xornada do cinema de verán en Tui será este venres, 27 de xullo. ás 22:15h na Praza de San Fernando coa proxección da película “Cavernícola”. Este filme de animación infantil trata do cambio da Idade de Pedra á de Bronce, o que supón para os cavernícolas novos retos para non caer no dominio de Lord Nooth. Dug e o seu xabarín Hognonb, os protagonistas, xogarán un partido de fútbol para salvar a tribo.
Recordamos que o 3 de agosto as 22:15 proxectarase “Coco” e o venres 24 de agosto “Ferdinand” as 22:00.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.