San Telmo 19 - Sábado 20
Sábado 20
- 19.00h-19.45h No Teatro Municipal lectura do Pregón a cargo de D. Carlos Pérez-Fonterosa Antón. Actuación da Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos. *Entrada libre até completar capacidade.
- 20.00h Na sala Xacobeo da Área Panorámica inauguración das Exposicións “Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal” e “70 anos da escultura de Rosendo Salvado”.
- Datas:Do 20 ao 29 de abril.
- Horario: De 11:30h a 14:30h e de 17:00h a 21:30h. Días laborais só en horario de tarde. Entrada de balde.
- 20.30h Dende o Teatro Municipal até a Praza da Inmaculada, desfile de Xigantes e Cabezudos, acompañados pola Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos.
- 21.00h Na Praza da Inmaculada acendido do alumeado.
- 21.15h-22.15h Na rúa Ourense representación do espectáculo “Quimera” de Pablo Méndez Performances.
- 22.30h-00.00h Na Corredoira concerto de Patricia Moon & banda.