Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Vinte homes veciños de Tui reciben un diploma sobre “Xestión Doméstica”

11/07/2013

Xoves, 11 de xullo de 2013. Os 20 homes participantes no programa “Xestión Doméstica”, promovido polo Plan de Inclusión da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello de Tui, recibían onte os seus diplomas acreditativos.

 

Os alumnos, todos de orixe marroquí e receptores do RISGA, formáronse nesta área a través dun curso de 20 horas de duración que se impartiu na Casa da Xuventude de Tui.

 

O programa do curso baseábase en catro bloques fundamentais coma son a organización das tarefas domésticas, as bases da microeconomía doméstica, a organización dos espazos e do tempo,  e un plan de alimentación e actividade física para o autocoidado.

 

O alcalde Moisés Rodríguez, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais Olga Montes, e a técnica do Plan de Inclusión Dory Rodríguez, facía así entrega dos diplomas, salientando a importancia de saber realizar as tarefas domésticas e de aforro enerxético para os tempos difíciles que estamos a vivir.