Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Varios clubs tudenses en Campionatos de España e Galicia

31/01/2014

Xoves, 30 de xaneiro. Varios clubs deportivos tudenses desprazaranse a diferentes localidades de España coa intención de participar en campionatos de España e de Galicia.

Na modalidade do remo, os integrantes do Club Remo Tui e do Club Remo do Miño competirán no Campionato de España de Remoergómetro e de fondo, que disputarase en Sevilla. Os remeiros e remeiras dos clubs tudenses, que xa competiron a pasada fin de semana no Campionato Galego de Remoergómetro, en Ferrol, acadando grandes resultados, loitarán por consolidar aos nosos clubs no máis alto da clasificación nacional.

Pola súa parte, as integrantes do Club Ribex de Patinaxe de Tui, desprazaranse esta fin de semana ata Santiago de Compostela, para competir no Campionato Galego de Patinaxe, no pavillón Santa Isabel, no que o Club Ribex de Tui participará cos seus novos shows “Atrápalo” e “¿Xogamos?”, cos que loitará pola clasificación para o Campionato de España, que se disputará na mesma localidade, na fin de semana do 1 e 2 de marzo.

O Concello de Tui desexa moitos éxitos aos nosos clubs nestes campionatos.