Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Valença e Tui Eurocidade do Deporte

21/12/2012

Milleiros de atletas en 20 actividades ao longo de 2012

                    

Ao longo de 2012 vinte actividades deron protagonismo ao deporte na Eurocidade Valença Tui, envolvendo mais de 3 mil participantes da Galicia e do Norte de Portugal: Campionato de Pesca Deportiva, 14 Camiñadas saudables entre os “trilhos” de Valença e Tui, 2º Torneo de Fútbol Xuvenil, 1º Eurocidade en BTT, Eurocidade 10, 1º Trofeo Eurocidade en Balonmán, Torneo Cuadrangular de Balonmán 7 e 2ª Travesía a Nado foron algunhas das actividades que se destacaron ao longo de 2012.

           

As actividades tiveron por obxectivo reforzar a relación entre as dúas cidades procurando conxugar aos esforzos e recursos en probas deportivas transversais aos dous concellos. Para 2013 xa está preparado un programa deportivo, distribuído ao longo do ano, que contempla as mais diversas actividades representativas da Eurocidade.

           

O Deporte na Eurocidade da cumprimento aos obxectivos do protocolo establecido entre Valença e Tui de reforzar a cohesión social, revitalizar as actividades deportivas, a través de infraestructuras comúns, dinamizar a acción das entidades e desenvolver todas as accións que resulten na mellora da calidade de vida para os seus cidadáns e o fortalecemento das súas relacións. A Eurocidade Valença Tui é un encontro de vontades de 35 mil habitantes, nun novo concepto de cooperación, de segunda xeración, no ámbito europeo.

           

Valença e Tui son dúas cidades, que viven fronte a fronte, “unidas” fisicamente polo Río Miño e pola fronteira e que están a institucionalizar unha cooperación que xa é efectiva e real na vida diaria das dúas comunidades. Valença e Tui ten potenciado as sinerxías entre as dúas cidades, ao nivel da promoción turística, da xestión compartida dos equipamentos públicos e na organización dos eventos, nas mais diversas áreas. Para Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara de Valença  e Moises Rodríguez Alcalde de Tui “Estas actividades reflicten o empeño das persoas e das institucións na construcción de unha verdadeira Eurocidade, con economía de recursos, boas prácticas de xestión que beneficia amplamente ás nosas comunidades”.