Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Únete á Volta”despídese este sábado en Tui cun percorrido de dificultade baixa de 6,5kms

22/10/2013

A inscrición, gratuíta, farase dende ás 16.30h na Corredoira que é o punto de concentración

“Únete á Volta”despídese este sábado en Tui cun percorrido de dificultade baixa de 6,5kms

A saída será ás 17.30h dende o Paseo da Corredoira. Ao remate sortearase material deportivo e unha bicicleta entre os participantes.

 

Martes, 22 de outubro de 2013. Este sábado, 26 de outubro, vaise celebrar en Tui “Únete á Volta”, a antiga festa da bicicleta, cun percorrido de 6,5km de dificultade baixa. Esta actividade deportiva está organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.

 

O punto de concentración para os participantes será dende ás 16.30h no Paseo da Corredoira, onde deberán recoller o seu dorsal, co que entrarán logo no sorteo de agasallos, e co que amais teñen cobertura dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.  A marcha comezará ás 17.30h con saída dende a Corredoira cara ao Conxunto Histórico, Santo Domingo, Rebordáns, Pazos de Reis e regreso pola  Avenida da Concordia ata a Corredoira onde volverán chegar os participantes.

 

A presentación deste evento deportivo, non competitivo, tivo lugar esta mañá na Casa do Concello a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a deputada Marta Iglesias, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e o director técnico do evento, Marcos Serrano.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destaco una súa intervención que esta é unha proba moi atractiva e familiar.  Tivo palabras de agradecemento para a Deputación “por seguir pensando en Tui” e para os patrocinadores e colaboradores que dicía “son unha peza fundamental”.

 

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, convidou á cidadanía a participar nesta festa, na que destacou que ten un circuíto moi accesible. Agardan, segundo as súas palabras, poder superar a cifra de 300 participantes rexistrada na edición do ano pasado. Destacou amais a colaboración dos tres clubs ciclistas do municipio o MTB Aloia, a Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas e o Club Ciclista de la Fuente.

 

A deputada Marta Iglesias, explico una súa intervención que “Únete á Volta” é unha actividade de apoio ao paso da Volta Ciclista a España pola provincia que tomou o relevou da histórica festa da bicicleta que se realizou durante máis de trinta anos.  Destacou a deputada que a inscrición é gratuíta e que ao remate farase un sorteo de material deportivo e dunha bicicleta.

 

Por último o director técnico do evento, Marcos Serrano, destacou que “Únete á Volta” deste ano 2013 comezou en Cambados e logo de máis dunha trintena de actividades na provincia remata este sábado en Tui. Fixo fincapé amais no accesible do circuíto a realizar tanto con bo coma con mal tempo.