Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A ultima visita guiada noctrurna congregou mais de 200 persoas

2/09/2013

A ÚLTIMA VISITA GUIADA NOCTURNA EN TUI CONGREGOU  A MÁIS DE 200 PERSOAS

O pasado venres visitando lugares relacionados coas lendas e tradicións tudenses

 

Máis de 200 persoas asistiron á última visita guiada nocturna titulada “”O Tui das Lendas, pertencente ao programa de andainas/trilhos e visitas guiadas nocturnas da Eurocidade Tui-Valença que se desenvolveu ao longo dos meses de xullo de agosto de 2013.

 

Os historiadores tudenses Suso Vila, José Ramón Fernández e Rafael Sánchez Bargiela conduciron esta última visita guiada facendo un percorrido por lugares emblemáticos da cidade relacionados coas lendas, tradicións ou episodios curiosos do noso pasado.

 

Asi no percorrido houbo referencias á fundación da cidade polo heroi grego Diomedes, as loitas entre Pedro Madruga e o bispo Diego de Muros, o túnel que comunicaba Tui e Valença, á relación entre Frei Pedro González e San Telmo, ou aos episodios protagonizados polos irmás Amoedo, ambos boticarios na nosa cidade.

 

Pechouse así o programa de visitas guiadas nocturnas de este ano cun balance positivo de participación, superior sempre ás duascentas persoas, e que garante a continuidade desta actividade no vindeiro ano.